Cambios e devolucións
Como devolver
Se desexas realizar a devolución dun artigo comprado en Zara.com, dispós de 30 días dende a data de envío do teu pedido para facelo de forma gratuíta. Os artigos deben conservar todas as etiquetas e estar en perfecto estado.
Estas son as opcións para devolver a túa mercadoría:
-
Podes facer a devolución do teu pedido en calquera tenda Zara do mesmo país/rexión no que realizaches a compra.
Só terás que presentar os artigos que queiras devolver xunto co tícket de compra. Podes levalo no teu móbil ou impreso.
Lembra que para a devolución en tenda non é preciso realizar unha solicitude na web/APP.
Ten en conta que se non podes acudir á tenda, a persoa que ti escollas poderá facelo no teu lugar.
Como podes acceder ao teu tícket de compra?
- Se tes unha conta en Zara.com, inicia sesión co teu usuario e contrasinal. No detalle do pedido que queiras devolver, terás a opción de descargar o teu tícket electrónico.
- Se realizaches a compra como convidado, poderás atopar o tícket na ligazón incluída nos correos electrónicos que che enviamos sobre o teu pedido.
Atopa aquí a túa tenda máis próxima.
-
- Se fixeches a compra con rexistro: inicia sesión co teu usuario e contrasinal. Dende o detalle do pedido poderás solicitar a devolución. Un transportista recollerá o teu paquete no enderezo que escollas en 24-48 horas.
- Se fixeches a compra como convidado: solicita a devolución accedendo á ligazón que aparece en calquera dos correos electrónicos que che enviamos sobre o teu pedido.
Lembra que tes que enviar os artigos que queiras devolver no prazo de 30 días dende a data de envío da túa compra, antes de que expire o prazo de devolución.
-
- Se fixeches a compra con rexistro: inicia sesión co teu usuario e contrasinal e dende o detalle do pedido poderás solicitar a devolución.
- Se fixeches a compra como convidado: solicita a devolución accedendo á ligazón que aparece en calquera dos correos electrónicos que che enviamos sobre o teu pedido.
Enviaremos ao teu enderezo electrónico unha etiqueta de devolución. Para realizares o envío, mostra o código de barras ou indica o número de seguimento en calquera oficina de Correos.
Lembra que tes que depositar os artigos a devolver no punto de entrega no prazo de 30 días dende a data de envío da túa compra, antes de que expire o prazo de devolución.
Recomendámosche revisar as seguintes ligazóns para devolucións feitas con tícket regalo ou tarxeta regalo.
Podes encontrar máis información acerca da Política de Cambios e Devolucións ou do dereito de desestimación nas nosas Condicións de compra
- Se xa non dispós da embalaxe orixinal, poderás devolver o teu pedido en calquera outra, sempre e cando estea ben precintada para evitar o extravío dos artigos.
- Non terás que escribir ningún enderezo de envío no teu paquete.
- Lembra que, en caso de realizar unha devolución a domicilio ou en punto de entrega, tes que completar a solicitude de devolución. Non é necesario incluír o tícket imprimido.
- Lembrámosche que as opcións de recollida a domicilio e devolución nun punto de entrega están unicamente dispoñibles para compras online. Non son válidas para artigos que se mercasen nas nosas tendas físicas.
- Se desexas modificar ou cancelar a túa solicitude de devolución, por favor, contacta connosco para que poidamos xestionalo.
- Recordámosche que podes devolver varios artigos de diferentes pedidos nun mesmo envío. Para iso, selecciona todos os artigos que desexas devolver independentemente do pedido ao que pertenzan, e continúa o proceso de solicitude de devolución ata o final. Lembra que durante o proceso de solicitude de devolución deberás indicar o número de caixas que utilizarás para introducir e entregar os artigos que desexas devolver.
- Lembra que sempre tes que entregar os artigos que queiras devolver no prazo de 30 días, antes de que expire o prazo de devolución. No caso de que solicitases unha recollida e non se efectuase, por favor, contacta connosco para que poidamos xestionar un novo intento.