XESTIÓN DO MEU PERFIL

Detallámosche como podes cambiar o teu contrasinal, modificar os teus datos persoais ou xestionar os axustes da túa conta. Así poderás ter sempre os teus datos actualizados e recibir a nosa Newsletter con todas as novidades.
COMO CAMBIAR OU RECUPERAR O TEU CONTRASINAL
Ofrecémosche a opción de cambiar o contrasinal asociado á túa conta Zara. Para actualizala só tes que acceder ao apartado Cambiar contrasinal.
Se queres recuperar o teu contrasinal, ao iniciar sesión, selecciona a opción Esqueciches o teu contrasinal? Unha vez que nos proporciones o teu correo electrónico enviarémosche un correo electrónico para que poidas resetealo.
COMO MODIFICAR OS TEUS DATOS PERSOAIS
Poderás acceder e modificar os teus datos persoais, o teu correo electrónico e os datos de pagamento que teñas gardados dende o teu Perfil.
COMO AXUSTAR AS TÚAS PREFERENCIAS
Estas son as accións que poderás realizar dende o apartado Axustes da túa conta Zara:
- Configurar a Newsletter: poderás elixir as seccións ou coleccións que máis che interesan e así estar sempre ao día. Recibirás semanalmente información das novas coleccións, as nosas promocións e outras novidades de Zara.com.
- Configurar as túas preferencias de privacidade.