ESTADO DO MEU PEDIDO ONLINE

Podes facer o seguimento do teu pedido na túa conta, a través do apartado Compras. Se non estás rexistrado, terás esta información seguindo o enlace que aparece en calquera dos correos electrónicos que che enviamos acerca do teu pedido.
Estes son os estados polos que pasará o teu pedido:
- Comprado: finalizaches correctamente a compra do teu pedido.
- En curso: recibimos a información da túa compra.
- En preparación: o teu pedido está a ser preparado no almacén.
- Enviado: o pedido xa saíu das nosas instalacións.
- Recollido por transportista: o teu pedido está en camiño, recibiralo proximamente.
- Entregado a cliente: xa recibiches o teu pedido.
Recordámosche que recibirás as actualizacións do estado do teu pedido por correo electrónico.