O NOSO PROGRAMA DE DOAZÓN DE ROUPA USADA
Contamos cun programa de recollida de roupa usada que permite aos nosos clientes entregar os produtos que xa non utilizan.
Pódense entregar pezas, calzado e complementos de calquera marca e en calquera estado de conservación. Os produtos enviámolos a organizacións locais, que os clasifican en función do seu estado e calidade.
As organizacións xestionan as pezas recollidas priorizando aquelas opcións que permiten prolongar a súa vida útil, xa sexa mediante a súa entrega a persoas en situación de vulnerabilidade ou a súa revenda para financiar proxectos sociais, por exemplo. Cando a súa reutilización non sexa posible, as organizacións destinaranas a outras vías de xestión adecuadas.
Como podes facer a túa doazón?
- Entrega en tenda: temos colectores de recollida de roupa nas nosas tendas onde podes depositar o paquete coas pezas que queiras doar. Podes consultar as localizacións en noso Localizador de tendas. Lembra que a túa doazón debe ir nun paquete ben pechado.
- Entrega online: para achegar o programa de doazón de roupa usada aos clientes da nosa tenda online, actualmente en España (salvo as Illas Canarias) dispoñemos do servizo de recollida de doazóns de roupa a domicilio.
Ao final do proceso de compra, e sempre que sexa posible, podes solicitar a recollida dunha doazón de roupa e o mensaxeiro, aproveitando as súas rutas, recollerá o paquete coa roupa que desexas doar no mesmo enderezo có do pedido. Lembra que as pezas deben colocarse dentro dunha embalaxe debidamente selada.
Ten en conta que o paquete debe ter un peso máximo de 20 kg. Non é necesario que leve ningunha etiqueta identificadora.
Para máis información, visita a nosa sección Doazón de roupa.