COMPRAR ONLINE

Detallámosche a continuación o proceso de compra na nosa web, é moi sinxelo!
  • Podes realizar unha compra online en Zara como usuario rexistrado ou como convidado. Para esta última opción, pedirémosche os datos imprescindibles para poder formalizar o pedido.
  • Tes que engadir os artigos á cesta, elixir onde os queres recibir e formalizar o pagamento. Dámosche a opción de gardar os teus datos de pagamento e así poderás facer as túas futuras compras máis rapidamente.
  • O enderezo de envío e de facturación do teu pedido teñen que ser do mesmo mercado/rexión.
  • Unha vez que realices a compra, enviarémosche un correo electrónico de confirmación con toda a información do pedido.
  • Podes facer seguimento do teu pedido dende a túa conta.  Se fixeches a compra como convidado, podes facelo dende a ligazón que aparece en calquera dos correos electrónicos que che enviaremos acerca do teu pedido.

Preguntas frecuentes