TÍCKET REGALO

Dámosche a opción de engadir un Tícket Regalo á túa compra. Detallámosche as principais características a continuación.
CARACTERÍSTICAS DO TÍCKET REGALO
  • Tícket sen prezo: o Tícket Regalo é un tícket de compra que non inclúe o prezo dos artigos. Ao preparar o teu pedido tamén quitaremos os prezos das etiquetas.
  • Mensaxes personalizadas: poderás personalizar a túa compra cunha breve mensaxe que incluiremos no teu pedido. Esta opción non está dispoñible para compras en tenda física.
  • Cambiar ou devolver: cun Tícket Regalo poderás realizar cambios ou devolucións nas nosas tendas Zara. No caso dun pedido online, tamén poderás solicitar unha devolución dende a web de Zara.com.
SOLICITUDE DO TÍCKET REGALO
  • Se fas un pedido online: tes que solicitar o Tícket Regalo durante o proceso de compra. Selecciona os artigos que queres comprar e ao engadilos á cesta darémosche a opción se seleccionar o Tícket Regalo.
  • Se fas unha compra en tenda: ao realizar o pagamento podes solicitar o Tícket Regalo ao noso persoal de tenda.

Preguntas frecuentes