Saltar ao contido principal

ARTIGOS PERSONALIZADOS

Algúns dos nosos artigos permiten bordar, gravar ou estampar textos personalizados. Para identificalos doadamente, na ficha da peza aparecerá un botón que che permitirá editar o artigo.
Para os bordados, poderás elixir o texto, o estilo da letra, a parte da peza na que desexas realizar o bordado e a cor do fío.
Se a palabra que elixes non está dispoñible, indicarémoscho durante o proceso de compra ou unha vez finalices o pedido. Neste último caso, informarémoste da cancelación da compra do artigo que non sexa posible personalizar.
Ten en conta que a personalización elixida é responsabilidade de cada cliente.
Unha vez completes o teu pedido, o texto non se poderá modificar.
Recorda: por tratarse de pezas personalizadas, non será posible realizar cambios ou devolucións