SEGURIDADE NOS PAGAMENTOS

PROCESO DE VERIFICACIÓN DE PAGAMENTO
Debido á nova normativa europea PSD2, é posible que sexa necesario que realices un paso de verificación cando pagues cunha tarxeta de crédito ou débito durante o proceso de compra.
Existen varios métodos, pero os máis comúns baséanse en verificar o pagamento a través da aplicación do teu banco, no teu móbil ou cun código temporal dun só uso.
Para recibir a solicitude de verificación, é posible que primeiro necesites darte de alta no servizo. Ponte en contacto coa túa entidade bancaria para máis información.
Se tes algún problema para completar unha transacción na nosa páxina web, ponte en contacto co noso servizo de Atención ao Cliente.
COMPRA SEGURA
A seguridade da información que os clientes delegan en Zara.com é unha das nosas máximas prioridades, por iso investimos gran cantidade de recursos e utilizamos as últimas tecnoloxías dispoñibles para que os teus datos de pagamento se procesen en ámbitos seguros.
A nosa plataforma de comercio electrónico conta con certificacións de boas prácticas na xestión da seguridade da información, así como de cumprimento dos estándares de Seguridade de Datos para a Industria de Tarxeta de Pagamento que verifican que seguimos as recomendacións e estándares máis esixentes da industria para proporcionarche unha experiencia de compra nun ámbito privado, íntegro e seguro.