Saltar ao contido principal

REPARACIÓN

O noso servizo de reparación profesional, dispoñible tanto nunha selección de tendas da Coruña como online, axúdache a conservar as túas pezas en bo estado.
Traballamos cunha rede de talleres especializados para ofrecer a mellor solución aos teus arranxos.
EN TENDA ZARA
Achégate a unha das nosas tendas Zara cos artigos que queiras arranxar. O noso persoal resolverá todas as túas dúbidas e guiarate no proceso de solicitude da reparación.
Ten en conta que o pagamento da reparación ten que efectuarse na tenda. Unha vez realizado, informarémoste para que o poidas recoller.
Recorda que terás que recoller os teus artigos na mesma tenda na que solicitaches o servizo.
Comproba no localizador de tendas se a tenda que che interesa ofrece o servizo de reparación.
EN PUNTO DE ENTREGA
Podes solicitar a reparación dun artigo a través de Zara.com. Só tes que acceder á opción Reparación dentro da categoría Zara Preowned.
A través dun formulario poderás seleccionar as pezas e o tipo de reparación que desexas realizar. Mostrarémosche un listado coas reparacións dispoñibles para cada tipo de artigo. Unha vez que se curse a túa solicitude, recibirás un código QR ou unha etiqueta de envío por correo electrónico para que poidas levar os artigos ao teu punto de entrega máis próximo.
Unha vez realizada a reparación, enviaremos os artigos ao enderezo que nos facilitaches. Se non é posible realizar a entrega, o transportista indicarache onde deixou o paquete. Se o prefires, podes contactar directamente coa empresa de transporte e organizar unha nova entrega.
Recorda: os gastos de envío son 5,50 EUR.

Preguntas frecuentes

Pé de páxina