Saltar ao contido principal

DOAZÓN

Contamos cun programa de recollida de roupa usada que permite aos nosos clientes entregar os produtos que xa non utilizan.
Pódense entregar pezas, calzado e complementos de calquera marca e en calquera estado de conservación. Os produtos enviámolos a organizacións locais, que os clasifican en función do seu estado e calidade.
As organizacións xestionan as pezas recollidas priorizando aquelas opcións que permiten prolongar a súa vida útil, xa sexa mediante a súa entrega a persoas en situación de vulnerabilidade ou a súa revenda para financiar proxectos sociais, por exemplo. Cando a súa reutilización non sexa posible, as organizacións destinaranas a outras vías de xestión adecuadas.
Como podes facer a túa doazón?
  • Entrega en tenda Zara: temos colectores de recollida de roupa nas nosas tendas nos que podes depositar as pezas que queiras doar. Lembra que a túa doazón debe ir nun paquete ben pechado.

    Utiliza o noso localizador de tendas para encontrar a túa tenda Zara máis próxima.
  • Entrega online: podes solicitar a túa doazón accedendo ao apartado Preowned – Doazón dentro de Zara.com.

    Unha vez que se curse a túa solicitude, recibirás un correo electrónico de confirmación e un transportista realizará a recollida no enderezo indicado nas seguintes 24-48 horas. Non é necesario que leve ningunha etiqueta identificadora.

    O prezo deste servizo é de 1,95 EUR.
A finalidade desta iniciativa é a axuda social directa ou o financiamento dos proxectos sociais desenvolvidos e xestionados polas organizacións sen ánimo de lucro coas que colaboramos.
Para máis información, visita a nosa sección Doazón de roupa.

Preguntas frecuentes

Pé de páxina