COMPRA ONLINE DENDE UN DISPOSITIVO DE TENDA

Se o necesitas, poderás facer un pedido dende unha tenda Zara. Pregunta ao noso persoal por esta opción e axudaranche a completar a compra.
Se xa tes unha conta Zara, poderás facer o pedido como cliente rexistrado introducindo o teu correo electrónico e contrasinal. Se non, poderás facelo como convidado, facilitando unicamente os datos necesarios para facer o pedido. Recibirás toda a información acerca da túa compra por correo electrónico ou SMS.
As compras online realizadas dende un dispositivo de tenda teñen as mesmas opcións de envío que aquelas feitas directamente na nosa web.
Ten en conta que os pedidos realizados dende a tenda non poden incluír un Tícket Regalo.