MODO TENDA NA APP

Suxerímosche activar o Modo Tenda na nosa APP. Terás a oportunidade de acceder a novas experiencias e servizos para poder gozar ao máximo de Zara.
Poderás activala ao entrar nunha tenda Zara ou sempre que queiras directamente dende o teu perfil de usuario.
CLICK AND GO
Dende o Modo Tenda poderás seleccionar a tenda na que queres navegar e facer unha compra usando o catálogo de artigos dispoñibles nesa tenda.
Poderás facer o teu pedido e recollelo na mesma tenda que seleccionaches en menos de dúas horas.
CLICK AND FIND
Coa funcionalidade de Localizar artigos, poderás ver no plano da tenda onde está exposto o artigo que che interesa. Só tes que subilos á cesta e ir pulsando sobre eles. Ademais, se a APP detecta que algún artigo dos que xa tes na túa cesta se encontra en tenda, poderás consultar a súa localización.