Cambios e devolucións

Axuda
Como cambiar

Como cambiar

Dispós de 30 días desde a data de envío para realizar un cambio da túa compra de Zara.com de xeito GRATUÍTO.

Podes cambiar o talle ou a cor dos teus artigos.  Se prefires un cambio por outra peza diferente deberás solicitar unha devolución e realizar unha nova compra.

Cambiar un artigo comprado en Zara.com é moi sinxelo. Achégate a unha tenda Zara que teña a mesma sección á que pertence o artigo co tícket de compra en papel ou en formato electrónico.

Se decides solicitar o cambio desde Zara.com, accede ao teu pedido e selecciona o artigo que queiras devolver e o talle polo que che gustaría cambialo. Para devolver o teu artigo orixinal, ofrecémosche as opcións GRATUÍTAS que podes consultar no apartado DEVOLUCIÓNS. O prazo para devolver a mercadoría orixinal é de 14 días desde a solicitude do cambio. Se transcorrido o prazo non recibimos os artigos orixinais, cobrarase o importe dos artigos do segundo envío no método de pagamento orixinal.

A opción de CAMBIO ONLINE estará dispoñible para pedidos feitos como cliente rexistrado e pagados con: American Express, Affinity Card, JCB, Klarna, MasterCard e VISA (algún destes métodos de pagamento podería non estar dispoñibles no teu país/rexión).

Ademais, ten en conta que...

  • Non se poderán facer máis de dúas solicitudes de cambio simultaneamente para o mesmo pedido pero poderás incluír ata un máximo de 5 artigos en cada solicitude.
  • A opción de cambio non se mostrará se o artigo comprado xa non está dispoñible.
  • O cambio online non estará dispoñible para compras feitas con tícket regalo.

Podes encontrar máis información acerca da Política de Cambios e Devolucións ou do dereito de desestimación nas nosas Condicións de compra.