Envío
Métodos de envío e custo
As opcións de envío poden variar en función do enderezo de entrega, a hora da túa compra e a dispoñibilidade dos artigos.
No momento de procesar a túa compra, mostrarémosche os métodos de envío dispoñibles, o custo e a data de entrega do teu pedido.
Posibles opcións de entrega:
-
Recollida en tenda Zara - GRATUITO
Na tenda que elixas en 2-3 días laborables.
Recorda que a persoa que acode a recoller o pedido só necesita presentar o código QR do tícket electrónico sempre e cando sexa o comprador. Se acode outra persoa no teu lugar, deberá presentar tamén un documento identificador.
-
Entrega a domicilio
Ao día seguinte da compra - 3.95 EUR / GRATUITO (PEDIDOS A PARTIR DE 30 EUR)
O noso obxectivo é entregar ao día seguinte todos os pedidos realizados de luns a venres antes das 21h. Cando isto non sexa posible, mostrarémosche o prazo estimado de entrega no momento da compra.
-
No mesmo día da compra - 5.95 EUR
Entrega no mesmo día en Madrid para todos os pedidos realizados de luns a venres antes das 14h.
-
Punto de entrega - 3.95 EUR / GRATUITO (PEDIDOS A PARTIR DE 30 EUR)
No punto de entrega que elixas en 2-3 días laborables.
Mostrarémosche os puntos de entrega dispoñibles no momento da compra.
Recorda que para recoller o teu pedido é necesario que presentes un documento identificativo. Se a persoa que acode a recoller o pedido é distinta á que o comprou, necesitará presentar unha autorización escrita e unha copia do DNI do comprador.
Os prazos indicados anteriormente veranse ampliados para Baleares, Ceuta, Melilla e zonas remotas.
Ten en conta que as entregas se realizan só en días laborables.