Envío

Métodos de envío e custo

As opcións de envío poden variar en función do enderezo de entrega, a hora da túa compra e a dispoñibilidade dos artigos.

No momento de procesar a túa compra, mostrarémosche os métodos de envío dispoñibles, o custo e a data de entrega do teu pedido.

Posibles opcións de entrega:

  • Recollida en tenda Zara - GRATUITO

    Na tenda que elixas en 2-3 días laborables.

    Recorda que a persoa que acode a recoller o pedido debe presentar o seu documento identificativo, tanto se é o comprador coma se acode outra persoa no seu lugar.

  • Entrega a domicilio

    • Ao día seguinte da compra - 3.95 EUR / GRATUITO (PEDIDOS A PARTIR DE 30 EUR)

      O noso obxectivo é entregar ao día seguinte todos os pedidos realizados de luns a venres antes das 21h. Cando isto non sexa posible, mostrarémosche o prazo estimado de entrega no momento da compra.

    • No mesmo día da compra - 5.95 EUR

      Entrega no mesmo día en Madrid para todos os pedidos realizados de luns a venres antes das 14h.

  • Punto de entrega - 3.95 EUR / GRATUITO (PEDIDOS A PARTIR DE 30 EUR)

    No punto de entrega que elixas en 2-3 días laborables.
    Mostrarémosche os puntos de entrega dispoñibles no momento da compra.
    Recorda que para recoller o teu pedido é necesario que presentes un documento identificativo. Se a persoa que acode a recoller o pedido é distinta á que o comprou, necesitará presentar unha autorización escrita e unha copia do DNI do comprador.

Os prazos indicados anteriormente veranse ampliados para Baleares, Ceuta, Melilla e zonas remotas.

Ten en conta que as entregas se realizan só en días laborables.

Estado do pedido

Recibirás actualizacións do estado do teu pedido por email.

Tamén podes acceder a esta información no apartado "a miña conta".  Se non estás rexistrado, preme sobre o enlace de “Información de pedido” do correo de confirmación para facer o seguimento.

Restricións

Desde zara.com intentamos chegar a todos os recantos. Se o teu enderezo de entrega ten algunha restrición no envío, veralo no momento da compra.

Pedidos partidos

É posible que o teu pedido sexa expedido desde distintos centros loxísticos. Se iso acontece, avisarémoste por email para indicarche os artigos que recibirás en cada envío.