Tarxeta regalo

Axuda
Devolucións con tarxeta regalo

Devolucións con tarxeta regalo

As devolucións de compras que pagases con tarxeta regalo, reembolsaranse á mesma Tarxeta Regalo. Se a devolución é dunha compra online, recibirás unha copia virtual desa tarxeta, co saldo actualizado, xunto co email de confirmación da devolución.

Se fixeches a túa compra en tenda física e non dispós da Tarxeta Regalo no momento da devolución, o reembolso efectuarase nunha Tarxeta Aboamento. Esta tarxeta poderá utilizarse online ou en calquera tenda do grupo Inditex: Zara, Pull&Bear, Massimo Dutti, Bershka, Stradivarius, Oysho, Zara Home, Lefties e Uterqüe, e en tendas Kiddy’s Class.

Se no momento da compra usaches máis dun método de pagamento e fas unha devolución parcial do teu pedido, o reembolso irá prioritariamente ao método de pagamento alternativo á Tarxeta Regalo.