Cambios e devolucións

Axuda
Condicións especiais

Condicións especiais

Algúns dos nosos artigos, polas súas características especiais, teñen que cumprir as seguintes condicións para poder ser devoltos:

  • Roupa de baño: debe incluír o adhesivo de hixiene.
  • Roupa interior:
    • Muller: poderanse cambiar ou devolver sempre que se atopen nas mesmas condicións de compra e conserven a bolsa ou adhesivo protector cos que chos enviamos.
    • Home: non se poderán cambiar ou devolver artigos de roupa interior.
    • Neno: non se poderán cambiar ou devolver artigos de roupa interior agás calcetíns, medias, tops, bodies e camisetas interiores que conserven a embalaxe orixinal.
  • Pixamas: poderanse cambiar ou devolver sempre que se atopen nas mesmas condicións de compra. Os artigos que inclúan bolsa, deberán devolverse con ela.
  • Accesorios: terán que devolverse coa súa bolsa ou cartón orixinal intacto.
  • Perfumes e candeas: deberán ser devoltas no mesmo envoltorio orixinal, precintado.
  • Cosméticos:deberán ser devoltos no mesmo envoltorio e condicións orixinais.
  • Artigos personalizables: Dado que se trata de pezas personalizadas, non será posible realizar cambios ou devolucións destas e ademais as compras de artigos con cor personalizada non se poderán cancelar.