Tendas e empresa
Axuda
Ponte en contacto connosco
Cambios e devolucións
O prazo para cambios e devolucións é de 30 días desde a data de compra.
Para poder realizar un cambio ou devolución de calquera compra feita nunha das nosas tendas, é imprescindible a presentación do tícket de compra en papel. Tamén podes mostralo a través da APP de Zara.
Se realizaches a túa compra a través do IPOD dalgunha das nosas tendas, consulta a información de devolución na sección de IPOD.
O aboamento farase ao método de pagamento orixinal que usases para a compra. Recorda que os cambios e devolucións poden facerse unicamente no mesmo país/rexión no que se adquiriron os artigos.
Condicións especiais para cambios e devolucións dalgúns artigos:
- Roupa de baño: debe incluír o adhesivo de hixiene.
- Roupa interior:
- Muller: poderanse cambiar ou devolver sempre que se atopen nas mesmas condicións de compra e conserven a bolsa ou adhesivo protector cos que chos enviamos.
- Home: non se poderán cambiar ou devolver artigos de roupa interior.
- Neno: non se poderán cambiar ou devolver artigos de roupa interior agás calcetíns, medias, tops, bodies e camisetas interiores que conserven a embalaxe orixinal.
- Pixamas: poderanse cambiar ou devolver sempre que se atopen nas mesmas condicións de compra. Os artigos que inclúan bolsa, deberán devolverse con ela.
- Accesorios: terán que devolverse coa súa bolsa ou cartón orixinal intacto.
- Perfumes e candeas: deberán ser devoltas no mesmo envoltorio orixinal, precintado.
- Cosméticos:deberán ser devoltos no mesmo envoltorio e condicións orixinais.
- Artigos personalizables: Dado que se trata de pezas personalizadas, non será posible realizar cambios ou devolucións destas e ademais as compras de artigos con cor personalizada non se poderán cancelar.