Características e coidados

Produto
Recomendacións de coidados

Recomendacións de coidados

Na nosa web, na opción de MATERIAIS E COIDADOS de cada artigo, así como nas etiquetas das nosas pezas podes atopar información para un coidado óptimo das túas pezas.


Aquí tes algúns consellos extra segundo o material empregado:

  • AlgodónAs pezas feitas con esta fibra, debido á súa higroscopicidade e morfoloxía, proporcionan un confort natural e un tacto agradable, facéndoo apropiado para pezas en contacto directo coa pel. Pode lavarse cos procedementos convencionais, sempre que a tintura e o acabado o admitan de acordo cos símbolos e indicacións que aparecen na etiqueta.

  • TencelÉ unha fibra artificial de orixe celulósica. Ofrece unha combinación excepcional: suave, forte, fresco, absorbente e que xera pouco pilling. Non se engurra doadamente, nin encolle e pódese pasar o ferro sen problemas.

  • LaComo fibra natural que é, ten un alto grao de absorción de humidade, que a fai flexible, e un gran poder illante e de protección contra o frío. As pezas confeccionadas con la non se engurran doadamente, teñen un tacto suave, quente e son adecuadas para pezas de inverno e outono. Se desenvolve pilling, as boliñas poden desprenderse con facilidade. Debe terse en conta que encollen por feltrado e deben lavarse a man, a baixas temperaturas ou en seco, seguindo sempre as instrucións de lavado da nosa etiqueta.

  • PoliésterTrátase dunha fibra sintética moi resistente e versátil, con baixa absorción de humidade e que pode acumular electricidade estática. De doado coidado, non encolle ao lavarse, non se engurra e é de secado rápido, pero pode chegar a desenvolver pilling. Se isto sucede, poderá eliminarse cortando as fibras.

  • LiñoEsta fibra natural ofrece unha confortable sensación de frescor, é resistente, pouco elástica e moi absorbente, e por iso é común velo nas nosas pezas de verán. Adoitamos recomendar un lavado a man porque ten unha forte tendencia ao encollemento e ás engurras.

  • SedaFibra natural cun tacto e brillo moi característicos. Boa absorción de humidade. O seu lavado non admite temperaturas altas nin centrifugado, polo que non é aconsellable o secado en secadora. Adoitamos recomendar un lavado en seco e para pasarlle o ferro, poñer sempre unha tea por enriba.

  • Plumíferos e cazadoras acolchadasTanto as pezas de plumas naturais coma as de fibras sintéticas pódense lavar a máquina. Recomendamos darlle a volta á peza e pechar cremalleiras e peches adherentes. É moi importante o secado para evitar que as plumas se compacten. Pode usarse a secadora.

  • Pel e anteSe a limpeza é superficial, recomendamos utilizar un trapo húmido. Se se necesita facer unha limpeza profunda, recomendamos que sexa realizada por un especialista nestes materiais.

  • Evitar destinguidosPolos procesos de tintura aplicados, algunhas das nosas pezas poden tender a destinguir máis que outras. Para poñerte en preaviso, acompañaremos estas pezas dunhas etiquetas informativas de WARNING.

  • Pezas con detalles decorativosRecomendámosche quitar os detalles desmontables da peza antes de lavala, sempre que sexa posible.

  • Calzado e bolsosComo consellos básicos para o bo mantemento do teu calzado e bolsos, recomendámosche gardalos sempre limpos nun espazo aireado e, a ser posible, con algún elemento que lles axude a conservar a forma. Se o artigo é de pel, non o somerxas en auga para limpalo e se ten manchas difíciles, acude a un especialista.

Ademais, desenvolvemos unha guía con recomendacións de coidado para axudarte a estender a vida das túas pezas e reducir o impacto ambiental nos procesos de coidados. Podes obter máis información aquí.