Métodos de envío e custo

Axuda

As opcións de envío poden variar en función do enderezo de entrega, a hora da túa compra e a dispoñibilidade dos artigos.

No momento de procesar a túa compra, mostrarémosche os métodos de envío dispoñibles, o custo e a data de entrega do teu pedido.

Posibles opcións de entrega:

  • Recollida en tenda Zara - GRATUITO

    Na tenda que elixas en 2-3 días laborables.

    Recorda que a persoa que acode a recoller o pedido só necesita presentar o código QR do tícket electrónico sempre e cando sexa o comprador. Se acode outra persoa no teu lugar, deberá presentar tamén un documento identificador.

  • Entrega a domicilio

    • Ao día seguinte da compra - 3.95 EUR / GRATUITO (PEDIDOS A PARTIR DE 30 EUR)

      O noso obxectivo é entregar ao día seguinte todos os pedidos realizados de luns a venres antes das 21h. Cando isto non sexa posible, mostrarémosche o prazo estimado de entrega no momento da compra.

    • No mesmo día da compra - 5.95 EUR

      Entrega no mesmo día en Madrid para todos os pedidos realizados de luns a venres antes das 14h.

  • Punto de entrega - 3.95 EUR / GRATUITO (PEDIDOS A PARTIR DE 30 EUR)

    No punto de entrega que elixas en 2-3 días laborables.

    Mostrarémosche os puntos de entrega dispoñibles no momento da compra.

    Recorda que para recoller o teu pedido é necesario que presentes un documento identificativo. Se a persoa que acode a recoller o pedido é distinta á que o comprou, necesitará presentar unha autorización escrita e unha copia do DNI do comprador.

Os prazos indicados anteriormente veranse ampliados para Baleares, Ceuta, Melilla e zonas remotas.

Ten en conta que as entregas se realizan só en días laborables.