Características e coidados
Produto
Ponte en contacto connosco
Lentes
Lentes de sol: Todas as nosas lentes de sol incorporan cristais que protexen das radiacións ultravioletas (UV-A e UV-B) e reducen a radiación visible, segundo a categoría do filtro indicada no folleto que as acompaña.
A categoría do filtro de protección das lentes indícase no adhesivo que presentan as lentes de sol nun dos seus cristais e as características no folleto que acompaña ás lentes.
Categoría do filtro | Transmitancia visible | Luminosidade solar |
---|---|---|
0 Moi claro |
80%-100% | ![]() |
1 Claro |
43%-80% | ![]() |
2 Medio |
18%-43% | ![]() |
3 Escuro |
8%-18% | ![]() |
4 Moi escuro |
3%-8% | ![]() |
Principais características da coloración dos filtros das lentes de sol:
Verde-Gris | Permite unha percepción das cores con pouca alteración. |
Gris | Respecta as cores naturais. Recomendadas para conducir. |
Marrón | Aumenta o contraste e a profundidade de campo. Produce efecto relaxante. |
Laranxa | Non aptas para uso solar. Aumenta o contraste e produce alteración das cores e cegamento. Idóneas para condicións de baixa luminosidade, como a condución con néboa. |
Amarelo | Non aptas para uso solar. Aumenta o contraste e produce alteración das cores e cegamento. Idóneas para condicións de baixa luminosidade, como a condución con néboa. |