Tendas e empresa

Información xeral

Poñemos á túa disposición un Localizador de tendas onde poderás consultar o enderezo, o teléfono e as seccións (Muller, Home, neno) das nosas tendas.

Se tes calquera outra dúbida ou suxestión, por favor ponte en contacto connosco a través de calquera das canles de atención ao cliente e estaremos encantados de axudarte.

Dispoñibilidade de produto

  • Se o artigo que che interesa non está dispoñible na tenda pero si na web, pregunta ao noso persoal e axudarémoste a compralo a través dos nosos IPOD. Poderás recibilo na propia tenda ou a domicilio. Para máis información, diríxete á sección de IPOD .
  • Se non encontras o artigo que buscas nin en tenda, nin no web, ponte en contacto connosco e trataremos de axudarte a localizalo. A busca será máis áxil se dispós da referencia.
  • Recorda que sempre que o artigo estea dispoñible na web, terás a opción de localizalo na tenda do teu interese a través da opción Ver dispoñibilidade en tenda*.

    Por favor, ten en conta que o stock sempre é orientativo. Durante a época de rebaixas, esta información non está dispoñible.

Cambios e devolucións

O prazo para cambios e devolucións é de 30 días desde a data de compra.

Para poder realizar un cambio ou devolución de calquera compra feita nunha das nosas tendas, é imprescindible a presentación do tícket de compra en papel. Tamén podes mostralo a través da APP de Zara.

Se realizaches a túa compra a través do IPOD dalgunha das nosas tendas, consulta a información de devolución na sección de IPOD.

O aboamento farase ao método de pagamento orixinal que usases para a compra. Recorda que os cambios e devolucións poden facerse unicamente no mesmo país/rexión no que se adquiriron os artigos.

Condicións especiais para cambios e devolucións dalgúns artigos:

  • Roupa de baño: debe incluír o adhesivo de hixiene.
  • Roupa interior: non se poderán cambiar ou devolver artigos de roupa interior, agás tops, bodies e camisetas interiores da sección Nenos que conserven a embalaxe orixinal.
  • Accesorios: terán que ser devoltos coa súa embalaxe orixinal completa.
  • Fragrancias: deberán ser devoltas no mesmo envoltorio orixinal, precintado.
  • Cosméticos:deberán ser devoltos no mesmo envoltorio e condicións orixinais.
  • Artigos personalizados: Por tratarse de pezas personalizadas, non será posible realizar cambios ou devolucións destes artigos.

Pagamento con App

No apartado A MIÑA CONTA da App de Zara poderás gardar as túas tarxetas de pagamento, incluídas as Tarxetas Regalo e utilizalas para pagar nas nosas tendas Zara.

Ao completar o pagamento coa APP, os tíckets gardaranse automaticamente no apartado Pedidos Realizados. Tamén poderás escanear e gardar outros tíckets que teñas en formato papel.

IPOD tenda

Algunhas das nosas tendas contan con dispositivos móbiles IPODS que poden ser utilizados para comprar artigos online que non están dispoñibles na propia tenda. Pide máis información ao noso persoal e asesorarante sobre esta modalidade de compra.

Opcións para o envío do teu pedido IPOD – Podes utilizar calquera dos métodos de envío dispoñibles para o teu país/ rexión, incluíndo o envío á propia tenda na que te encontras.

Completar o pagamento dun pedido IPOD – Podes completar o pagamento a través do propio dispositivo móbil ou ben na caixa da tenda.

Opcións para a devolución do teu pedido IPOD - Se pagaches na caixa da tenda, poderás devolver a mercadoría nesa mesma ou calquera outra tenda de Zara do mesmo país/rexión. Se pagaches online, terás a opción de devolver en tenda ou con calquera outra opción de devolución dispoñible para as compras online do teu país/rexión.

Emprego/Empresa

Para calquera consulta sobre as nosas ofertas de emprego, recomendámosche que accedas á web: www.inditexcareers.com

Para provedores, consulta a páxina www.inditex.com ou ponte en contacto coa oficina do teu interese. Encontrarás información sobre as nosas oficinas dentro do apartado Empresa en Zara.com.