Lentes

Produto

Lentes de sol: Todas as nosas lentes de sol incorporan cristais que protexen das radiacións ultravioletas (UV-A e UV-B) e reducen a radiación visible, segundo a categoría do filtro indicada no folleto que as acompaña.

A categoría do filtro de protección das lentes indícase no adhesivo que presentan as lentes de sol nun dos seus cristais e as características no folleto que acompaña ás lentes.

Categoría do filtro Transmitancia visible Luminosidade solar

0

Moi claro

80%-100% Interiores/Ceo cuberto

1

Claro

43%-80% Lixeira

2

Medio

18%-43% Mediana

3

Escuro

8%-18% Forte

4

Moi escuro

3%-8% Extrema

Principais características da coloración dos filtros das lentes de sol:

Verde-Gris
Permite unha percepción das cores con pouca alteración.
Gris
Respecta as cores naturais. Recomendadas para conducir.
Marrón
Aumenta o contraste e a profundidade de campo. Produce efecto relaxante.
Laranxa
Non aptas para uso solar. Aumenta o contraste e produce alteración das cores e cegamento. Idóneas para condicións de baixa luminosidade, como a condución con néboa.
Amarelo
Non aptas para uso solar. Aumenta o contraste e produce alteración das cores e cegamento. Idóneas para condicións de baixa luminosidade, como a condución con néboa.