Produto

Axuda
Artigos personalizados

Artigos personalizados

Algúns dos nosos artigos permiten bordar textos personalizados ou mesmo modificar a cor orixinal da peza. Para identificalos doadamente, no nome do artigo aparecerá a palabra personalizable.

Para os bordados, poderás elixir o texto, o estilo de letra, a parte da peza na que realizar o bordado e a cor do fío.

Se a palabra que nos indicas non estivese dispoñible, indicarémoscho durante o proceso de compra da peza ou mesmo unha vez que teñas finalizado o pedido. Neste último caso, informarémoste da cancelación do pedido.

Unha vez teñas completado o teu pedido, o texto non se poderá modificar.

Dado que se trata de pezas personalizadas, non será posible realizar cambios ou devolucións destas e ademais as compras de artigos con cor personalizada non se poderán cancelar.