Saltar ao contido principal

VÍDEO PERSONALIZADO

Ao realizar un pedido a través da APP de Zara, poderás acompañalo dun vídeo personalizado de máximo 30 segundos que recibirá a persoa á que vaia destinado o envío.
Podes acceder a esta opción dende a cesta da compra, en Opcións para regalo.
Durante o proceso, pedirémosche o número de teléfono do destinatario, que funcionará como clave de desbloqueo para poder visualizar o vídeo.
COMO ACCEDER AO VÍDEO?
  • Incluiremos dentro da caixa do pedido un código QR. Para poder ver o vídeo, abondará con escanealo e introducir os 4 últimos díxitos do número de teléfono proporcionado polo comprador.
  • Unha vez desbloqueado, o vídeo estará dispoñible durante 48 horas.
COMO FUNCIONA O VÍDEO REGALO PARA COMPRAS EN TENDA FÍSICA?
  • Se ao facer unha compra en tenda solicitas un Tícket Regalo ou adquires unha Tarxeta Regalo, tamén terás a opción de gravar un vídeo personalizado.
  • Xunto co tícket de compra proporciónase un código QR que, ao escanealo coa cámara do teléfono móbil, che permite gravar o vídeo e que o destinatario poida visualizalo. Poderás entregar o código QR ao destinatario e o vídeo estará dispoñible durante 48 horas dende a primeira visualización.