Cazadora cun tecido windproof e waterproof ata 10.000 mm de columna de auga, con dobre capa que combina un recubrimento exterior cunha membrana que impide a penetración de auga e aire, proporcionando á súa vez transpirabilidade. Principais costuras termoseladas que reforzan o nivel de protección da peza contra a neve e a chuvia. Equipado con tecnoloxía RECCO®* para facilitar que os profesionais de rescate o atopen en caso de accidente, avalancha ou perda nunha zona de difícil acceso.
Cazadora con capucha e colo subido con peche adhesivo frontal. Manga longa acabada con peche axustable por adhesivo e puño interior con abertura para o polgar. Peto con peche cremalleira termoselada para o forfait. Peche cremalleira frontal termoselada. Petos dianteiros ocultos por tapeta con peche cremalleira e forro interior en tecido polar. Detalle de bandas reflectantes en costas, capucha e peto. Baixo con faldrón interior antineve e acabado en goma elástica con peche de botóns tipo presión frontal. Forro interior en tecido polar. Estampado de flores.
*Para calquera referencia sobre o sistema RECCO® consúltese na súa páxina web: https://recco.com