Abrigo curto equipado con tecnoloxía RECCO®* para facilitar que os profesionais de rescate o atopen en caso de accidente, avalancha ou perda nunha zona de difícil acceso. Esta prenda proporciona confort térmico en contornas frías a unhas temperaturas de referencia en función do nivel de actividade, con 7ºC para actividade baixa e -21ºC para actividade moderada.
Colo subido con forro polar interior e capucha axustable con cordóns elásticos. Manga longa con peto para o forfait, acabada con puños con abertura para o polgar. Petos dianteiros con forro polar interior e peche de cremalleira. Peto interior para o móbil con limpador de lentes. Baixo acabado en elástico. Faldrón interior desmontable con cremalleira e dobra axustable para evitar a entrada de aire frío. Peche frontal con cremalleira de dobre cursor.
*Para máis información sobre a tecnoloxía RECCO® consulte na súa páxina web: www.recco.com