O noso compromiso

Política ambiental

A través do seu modelo de negocio, Zara quere axudar ao desenvolvemento sostible da sociedade e o medio co que interactúa. O compromiso co Medio inclúese dentro da política de Responsabilidade Corporativa do grupo Inditex, publicada na páxina web: www.inditex.com.

Estes son algúns dos obxectivos e accións desenvolvidas no marco do compromiso ambiental, directamente asociadas ás tendas e ao cliente:

NA TENDA

  • - Aforramos enerxía.
  • - A tenda ecoeficiente.
  • - Reducimos a produción de residuos e reciclamos.
  • - Compartimos o compromiso con todo o persoal.
  • - Un equipo sensibilizado.

Aforramos enerxía. A tenda ecoeficiente.
Estamos a desenvolver un modelo de xestión ecoeficiente das tendas que permitirá reducir o consumo enerxético nun 20%, integrando criterios de sostibilidade e eficiencia. Este modelo de xestión propón medidas en todos os procesos, dende o deseño da propia tenda, as instalacións de sistemas de iluminación, calefacción ou refrixeración, á posible reciclaxe do mobiliario e decoración.

Reducimos a produción de residuos e reciclamos. A reciclaxe das perchas ou das alarmas, que son recollidas nas tendas e procesadas para converterse noutros elementos plásticos, son un exemplo da xestión de residuos. Millóns de perchas e alarmas son procesadas cada ano. Ademais, tanto o cartón como o plástico utilizados nas embalaxes son reciclados.

Compartimos o compromiso con todo o persoal. Un equipo sensibilizado.
Campañas de comunicación interna e plans específicos de formación multimedia para sensibilizar os empregados nas prácticas sostibles como racionalizar o consumo de enerxía, practicar o transporte sostible ou modificar hábitos de conduta.

CO PRODUTO

  • - Incorporamos tecidos ecolóxicos.
  • - O algodón orgánico.

Incorporamos tecidos ecolóxicos. O algodón orgánico.
Zara apoia a agricultura ecolóxica e utiliza na confección de pezas de roupa seleccionadas algodón orgánico (algodón 100%, totalmente libres de praguicidas, axentes químicos e branqueantes). Encontralas na tenda será doado, xa que levan unha etiqueta distintiva.

NO TRANSPORTE

Introducimos combustible biodiésel.
A frota de camións de Zara, que transporta cada ano máis de 200 millóns de pezas de roupa, utiliza o 5% de combustible biodiésel. Esta medida permite reducir as emisións de máis de 500 toneladas de CO2 á atmosfera.

Política de Trato aos Animais

Todos os produtos de orixe animal, incluídas peles e coiros, comercializados nas nosas tendas proceden exclusivamente de animais criados en granxas para a alimentación e en ningún caso de animais sacrificados exclusivamente para a venda das súas peles.

FRAGRANCIAS

Así mesmo, continuando co noso compromiso, as nosas fragrancias non foron testadas en animais.