Cambios

  • Podo cambiar os meus artigos?

    Si, tes 2 opcións:

    1. Nas nosas tendas, podes cambialo:
      • - POR TALLE OU COR, sempre que sexa do mesmo importe, sen necesidade de ningún pagamento adicional.
      • - POR OUTRO ARTIGO DIFERENTE, reembolsarémosche o importe a través de Zara.com e podes realizar unha nova compra na tenda.
    2. Dende domicilio, se solicitas unha devolución e realizas unha nova compra en liña.
  • Cal é o prazo para efectuar o cambio?

    O prazo para calquera cambio é dun mes a partir do correo electrónico de confirmación de envío.

  • Podo cambiar os meus artigos en calquera tenda Zara?

    Si, sempre e cando sexa do mesmo país dende o que se realizou a compra e dispoña da mesma sección á que pertence a peza de roupa (señora, cabaleiro, neno). Os pedidos da sección neno, tamén se poden cambiar en Kiddys class.