Pagamento

  • Que forma de pagamento podo utilizar para realizar a miña compra?

    Dispoñemos dos seguintes medios de pagamento: Visa, Visa electron, Mastercard, American Express, Affinity Card, Paypal, Tarxeta Regalo e Tarxeta aboamento.

  • Por que razón pode ser rexeitada a miña tarxeta de crédito?

    A túa tarxeta pode ser rexeitada por unha das seguintes razóns:

    • - A tarxeta pode estar caducada. Comproba que a túa tarxeta non exceda a data de validez.
    • - Pode que se alcanzase o límite da tarxeta. Consulta co teu banco que a tarxeta non excedese o importe permitido para efectuar compras.
    • - Pode que algún dato introducido estea incorrecto. Comproba que encheses correctamente todos os campos necesarios.
  • Podo obter unha factura a nome da miña empresa?

    Si. Soamente tes que marcar a opción de empresa en datos persoais e cubrir os datos fiscais que che pedimos.

  • Podo pedir Tax-free?

    Non, non é posible xa que o Tax Free só se aplica a produtos que se compran en tenda e son transportados por un mesmo.

  • É seguro usar a miña tarxeta de crédito na web?

    Si, os datos transmítense de forma encriptada SSL. Para o pagamento con Visa e Mastercard só se aceptarán transaccións Ces (Comercio Electrónico Seguro). Tras verificar que a tarxeta está adherida ao sistema CES, o sistema contactará co banco que a emitiu para que o comprador autorice a compra. Cando o banco confirme a autenticidade, efectuarase o cargo na tarxeta. No caso contrario o pedido será cancelado.