Información xeral

  • En que países se pode comprar online?

    Actualmente podes facer a túa compra en España, Portugal, Francia, Italia, Alemaña, o Reino Unido, Austria, Bélxica, Holanda, Irlanda, Luxemburgo, Suecia, Noruega, Dinamarca, Mónaco, Suíza, os EUA, o Xapón, Polonia, China e Canadá.

  • En cantos idiomas se pode navegar?

    Os idiomas de navegación de Zara.com son: Español, Inglés, Alemán, Portugués, Francés, Italiano, Neerlandés, Éuscaro, Galego, Catalán, Danés, Grego, Xaponés, Coreano, Noruegués, Ruso, Sueco, Chinés e Polaco.

  • Os prezos da tenda online e a miña tenda habitual de Zara son os mesmos?

    Si, pero de existir calquera diferenza entre os prezos que figuran na web e os marcados nas etiquetas das pezas, o prezo correcto será sempre o das etiquetas correspondentes ao país de compra.

  • Repoñen os artigos coa indicación esgotado?

    Se un artigo está esgotado, trataremos de repoñelo o antes posible. Se non houbese stock, retirariámolo da web.

  • Recibirei o mesmo produto que vexo na foto?

    Si, agás naqueles produtos con procesos artesanais nos que podería haber unha mínima diferenza no acabado.

  • É posible recibir información periódica no meu correo electrónico coas últimas novidades e ofertas de Zara?

    Si. Simplemente accedendo ao Boletín informativo recibirás información sobre as últimas novidades, lookbook e eventos de Zara.

  • Podo darme de baixa do Boletín informativo de Zara?

    No apartado Boletín informativo poderás darte de baixa de forma sinxela. Cubre os datos e selecciona enviar.

  • Como recupero o meu contrasinal esquecido?

    Se esqueciches o teu contrasinal, podes recuperalo no apartado de Log-in. Introduce o teu enderezo de correo electrónico e enviarémosche unha mensaxe coas instrucións que debes de seguir.

  • Como podo asegurarme de que realicei ben a miña compra?

    Unha vez feito o teu pedido, recibirás unha mensaxe electrónica de confirmación. Se non a recibises, ponte en contacto co noso departamento de atención ao cliente.

  • Podo saber en que estado se encontra o meu pedido?

    Si. Accede ao apartado pedidos realizados da túa conta e poderás ver o estado do teu pedido en tempo real.

  • Podo eliminar algún artigo do meu pedido?

    Si. Dende a cesta de compra poderás eliminar os artigos que non desexas sempre e cando non tramitases o pedido.

  • Podo cancelar o meu pedido?

    Si. Poderás cancelar o teu pedido dende o apartado pedidos realizados da túa conta.

  • Que debo facer se me chega un artigo defectuoso?

    Zara.com só vende artigos en perfecto estado, polo que se, excepcionalmente, recibes unha peza de roupa con algunha tara ponte en contacto co noso departamento de atención ao cliente.

  • Que debo facer se me chega un artigo incorrecto?

    Se nalgunha ocasión, por erro, recibes un artigo que non pediches, ponte en contacto co noso departamento de atención ao cliente departamento de atención ao cliente.