Como comprar

Comprar en Zara.com é moi doado. Só has de seguir os pasos seguintes:

  1. Elixe a sección (muller, home, TRF, nenos), o formato (colección) e a familia (tipo de peza de roupa).
  2. Visualiza o produto ou produtos que che interesan. A través dun clic conseguirás unha ampliación da fotografía para ver detalle e traseira do produto, composición, talles dispoñibles, referencia e prezo.
  3. Selecciona unha peza e engade o artigo á cesta. Deseguido podes elixir seguir comprando ou tramitar pedido.
  4. Se queres seguir comprando, repite o proceso, pero se queres tramitar pedido, rexístrate.
  5. Unha vez que introduzas os teus datos, comproba que sexan correctos e preme confirmar.
  6. Elixe se queres recoller o teu pedido nunha das nosas tendas de Zara ou recibilo por correo estándar ou expreso, e asegúrate de que o enderezo de envío e facturación son correctos.
  7. Selecciona un método de pagamento: Visa, Visa Electron, Mastercard, American Express, Paypal, Tarxeta Regalo...
  8. Confirma o pedido.
  9. Recibirás unha mensaxe electrónica confirmándoche o teu pedido.