A forma máis sinxela de devolver un artigo é nunha das nosas tendas Zara (sempre e cando sexa do mesmo país dende o que se realizou a compra e dispoña da mesma sección á que pertence o artigo -señora, cabaleiro, neno. Os pedidos da sección neno, tamén se poden cambiar en Kiddys class). As pezas de roupa teñen que estar en perfecto estado e co seu correspondente ticket. A roupa interior non se poderá nin devolver nin cambiar. As fragrancias deben devolverse no mesmo envoltorio orixinal, precintado.
Se prefires que cho recollamos no teu domicilio, podes solicitar unha devolución a domicilio. Tras verificar todos os datos, enviaremos un transportista a recoller o teu paquete nas próximas 24 horas (sempre que sexa posible). Para concretar a recollida, a empresa de transporte poñerase en contacto contigo. Se, por calquera motivo, non te convence a data que che propoñen, ponte en contacto con eles para cambiala.
A devolución dunha Tarxeta Regalo faise vía Zara.com sen necesidade de enviala. Podes revisar a alínea "Tarxeta Regalo" para máis información.
O prazo para calquera devolución é dun mes a partir do correo electrónico de confirmación de envío.
As devolucións en Zara.com son sempre gratuítas.
Unha vez aprobada a devolución, recibirás o importe do mesmo modo en que realizaches a túa compra
Tras aprobar a devolución (os artigos teñen que estar en perfecto estado e ter as etiquetas interiores) recibirás unha mensaxe electrónica de confirmación indicándoche que o importe se aboará na túa conta nuns días.
Lembra que o aboamento á tarxeta de crédito depende sempre da túa entidade bancaria.
Poñéndote en contacto co noso departamento de atención ao cliente, solucionaremos o problema o antes posible.
Zara.com resérvase o dereito de rexeitar devolucións comunicadas ou enviadas fóra do prazo fixado, ou pezas de roupa que non se encontren nas mesmas condicións nas que foron recibidas.